domingo, 4 de xaneiro de 2015

AS PALLOZAS: Paisaxe cultural en perigo


AS PALLOZAS: PAISAXE CULTURAL EN PERIGO.

Ás Pallozas son unha construción rural típica do NW Ibérico que ten claros paralelismos con outras construcións rurais europeas nas que o teito se elabora con materiais vexetais, concretamente cos vastagos do centeo. A inicios do Século XX aínda numerosas pallozas en distintas aldeas de Os Ancares, Ibias ou da Cabreira seguían usándose como vivenda. Pero pouco a pouco foron abandonadas, restrinxíndose o seu uso a cortes ou almacéns. Neste proceso moitas pallozas perdéronse, pero as que resistiron os cambios dos tempos, e a falta de axuda e interese, móstranse na actualidade como elementos representativos dunha paisaxe e dunha sociedade rural na que moitos se empeñaron en esquecer e destruír.

Aldea de Balouta, 1920 (Os Ancares, León)
As Pallozas de O Piornedo, declaradas, Ben de Interese Cultural, serán obxecto dunha necesitada restauración unha vez superados todos os atrancos e burocracias. Neste país en que vivimos sempre póñense grandes e insalvables impedimentos para os que queren conservar a paisaxe ou os seus elementos característicos, mentres que pola contra se favorecen e apoian aqueles que promoven a súa transformación ou destrución.

Piornedo circa 1960 (Os Ancares, Lugo)




Ningún comentario:

Publicar un comentario