PAISAXE
O Convenio Europeo de
Paisaxe (Florencia, 2000), define a paisaxe como:
Por paisaxe entenderase
calquera parte do territorio tal como a percibe a poboación, o carácter da cal sexa
o resultado da acción e a interacción de factores naturais e/ou humanos.
O estudio científico da
paisaxe enmárcase dentro da "Ecoloxía da Paisaxe", na que se
analizan, segundo Forman (1983) as interaccións entre os aspectos temporais e
espaciais da paisaxe e as súas compoñentes da xea, flora, fauna e culturais a
través de tres ámbitos de estudio:
1. As relacións espaciais
entre os elementos que configuran a paisaxe
2. Os fluxos de enerxía,
nutrientes minerais e especies entre os elementos.
3. A dinámica ecolóxica do
mosaico paisaxista ao longo do tempo.
| Paisaxe Galega (Castelao, 1922-1929) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario